O PODER ESTÁ NA TÚA MENTE

SILENCIO
O aire puro do Atlántico adentrasé pola ría de Arousa e acaricia os montes de Armenteira.
Bodega San Ero está ubicada nun lugar onde reina a tranquilidade, onde tan só o son da natureza marca o paso de tempo.
A poucos metros da bodega, agárdate un sendeiro.
É A “RUTA DA PEDRA E DA AUGA”, O CAMIÑO QUE TE GUIARÁ NA TÚA VIAXE.

Foi no ano 1175 cando Ero, o fundador e abade do Mosteiro de Armenteira, canso e aburrido das indecencias do mundo saíu pasear polo bosque. Achegouse á beira do río e ao carón dunha frondosa árbore pechou os seus ollos pedíndolle a virxe Sta. María que lle concedese o privilexio de coñecer o paraíso.
A súa petición deixou paso ao belo cantar dun paxariño que milagreiramente o deixou embelesado durante 300 anos.

Cando Ero despertou da súa experiencia e volveu ao mosteiro puido comprender o grandioso do alí acontecido.
A lenda que ten a súa orixe na Cantiga Nº103 a Sta. María escrita no S.XIII por Alfonso X el Sabio, termina relatando a sorpresa dos monxes alí presentes: !Nunca tan gran maravilla / como Deus por este fez / polo rogo de sa madre / Virgen santa de gran prez!
UN VIÑO CON PODER SOBRENATURAL
VIAXA 300 ANOS
AO PARAÍSO
Benaventurados os que o proben,
neles obrará o milagre.

VIAXA 300 ANOS
AO PARAÍSO
Benaventurados os que o proben,
neles obrará o milagre.

UN MILAGRE CONTEMPORÁNEO
Para revivir o milagre de San Ero, primeiro tes que enfriar a botella.
Unha mensaxe oculta espérate sobre a etiqueta.

TES QUE ABRIR Á PORTA
Ditosa sexa a túa sorte, unha codificación estraña na rolla interfírese no teu camiño.
Resolve o misterio no mundo terreal. Viaxa 300 anos ao paraíso.


DEVOTOS DA VIDE
FAMILIA ‘ABAL VARELA’
Seguimos unha liturxia diaria cunha única pretensión, facer de cada anada, a mellor.
A magnitude da bodega depende de cada colleita, somos independentes,
a nosa produción é limitada, e iso gústanos. O noso fervor non ten límites, a viticultura é a nosa vida.
Proxectamos o esforzo, coñecemento e paixón de cada un dos compoñentes da unidade familiar para elaborar
un viño que trascende da tradición, para elevarse a un estado onde reside a imaxinación.
Acompáñanos o milagre, a fantasía, o misterio e a realidade do traballo ben feito.
A MAXIA CRÉASE
VIÑEDOS
As nosas 8 hectáreas de viñedos de uva 100% Albariño repártense polo val do Salnés elevándose a unha media de 150 m sobre o nivel do mar.
As uvas están moi preto do ceo, a 180 cm de altura baixo un sistema de emparrado idóneo para unha
excelente aireación e desenrolo da vide.
Os nutrientes dos nosos viñedos proveñen de chans de textura areosa, silíceos con baixo contido en arxila, lixeiramente ácidos e permeables.
SEGURAMENTE NON SEXA POR CASUALIDADE
MICROCLIMA
A diferencia do clima atlántico predominante no resto da Denominación de Orixe Rías Baixas,
no val do Salnés contamos cun microclima propio. Caracterízase polas precipitacións invernais,
a suave primavera, os veráns secos pero moderados pola cercanía
do Atlántico e a protección montañosa do val.
O NOSO PROPIO PARAÍSO
VITICULTURA
O coidado diario da viña, a poda adaptada a cada necesidade, a vendima manual,
os procesos máis honestos e avanzados na elaboración do viño.
Somos unha Bodega familiar, tal vez por iso poidamos mimar a cada cepa por igual, buscando a máxima expresión organoléptica.
Os nosos viñedos son fiel reflexo dos nosos antepasados e da terra que nos viu crecer.